Tuesday 14 de May de 2024

O Polivalente de Brión acolle venres a posta en escena de “DEP, unha comedia de morte”, de Teatro Malasombra


 

O centro social polivalente de Brión acollerá hoxe venres 26 de outubro, ás 20:30 horas, a actuación de Teatro Malasombra, que porán en escena “DEP, unha comedia de morte”. Unha obra dirixida a un público maior de 13 anos, que terá entrada libre e de balde ata completar o aforo.

“DEP, unha comedia de morte” é unha comedia escrita por Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez, que será interpretada por Xoque Carbajal, Patricia Rodríguez e Josue García. A trama fala da pelexa de dous irmáns por unha herdanza: a da súa nai que aínda está viva e que ten que elixir entre o fillo que coida dela e o outro que é un embaucador.

Esta actividade está incluída no programa “Outono Cultural 2018”, que organiza o Concello de Brión en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña.